Tintimán Audiovisual
DATA DE CONSTITUCIÓN: 17/06/2008
NÚMERO DE SOCIAS/OS: 5
NÚMERO DE TRABALLADORAS/ES: 4
VALORES: Tintimán Audiovisual é o froito da alianza entre distintos profesionais do eido da cultura que decidiron xuntarse para sacar adiante proxectos audiovisuais, teatrais ou musicais nos que primase a sensibilidade, a posta en valor do patrimonio histórico e artístico galego e unha concepción das artes como elemento de dinamización sociocultural.