O Centro Xove da Almáciga acollerá nas próximas semanas un ciclo de obradoiros de reparación de obxectos que teñen como obxectivo promover a economía circular entre a mocidade. Trátase do programa "Re-parándonos", impulsado pola Concellaría de Xuventude no marco do proxecto europeo "The Circular Way to Inclusion", do que Santiago é coordinador. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe as actividades, que arrincarán cun evento de lanzamento o próximo día 8 no que participarán a actriz Areta Bolado e o músico Mondra.
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións de cooperación ao desenvolvemento que concede a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais. As solicitudes poden presentarse nun prazo de 20 días hábiles, contados a partir de mañá, 3 de outubro. A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais destina a esta convocatoria un orzamento de 400.000 euros, e cada entidade beneficiaria poderá recibir un máximo de 40.000 euros.
A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, mantivo este martes co presidente de Mercasa, José Manuel Miñones, unha nova reunión de traballo que dá continuidade ao encontro que ambos os dous mantiveron no mes de maio e no que se avanzou no compromiso de converter Santiago nun centro loxístico de referencia na distribución de mercadorías no Eixo Atlántico e no noroeste peninsular.
A Xunta de Goberno Local deu hoxe o visto e prace á proposta de concesión de subvencións a asociacións culturais por un importe total de 24.146,74 euros e das axudas para actividades culturais do sector profesional, por 250.000 euros. O executivo municipal tamén deu luz verde a pasada semana á proposta de resolución para a concesión de subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, bisexual, transexual, intersexual e queer (LGBTIQ+) por un importe total de 26.569,26 euros.
O Concello de Santiago destinará 400.000 euros a subvencións a organizacións non gobernamentais de desenvolvemento para a realización de proxectos de cooperación en países empobrecidos. É a contía máis alta desde que se creou esta liña de axudas, en 2017, e supón un aumento do 138% con respecto á anterior convocatoria de 2022. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, incidiu en que "estas bases son o reflexo do compromiso do Goberno coa cooperación ao desenvolvemento e co termos un concello verdadeiramente solidario".
O Espazo Maker Compostela volve abrir as súas portas na Casa das Asociacións de Cornes despois das vacacións de verán, e faino ofertando novos obradoiros formativos que se desenvolverán ao longo do mes de outubro. As actividades, os venres pola tarde e os sábados pola mañá, teñen como obxectivo axudar á comunidade maker de Compostela en diferentes materias como electrónica, programación, ou deseño 3D. As inscricións son de balde.
A presidenta do Grupo e alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, afirma que "a mellora da calidade urbana, a habitabilidade das cidades, a reformulación da mobilidade, a renaturalización dos espazos urbanos e a loita contra a emerxencia climática", forman parte dos grandes retos. Unha delegación do Grupo asiste ao XVII Congreso Mundial da Organización das Cidades do Patrimonio Mundial, que se celebra en Córdoba ata o 27 de setembro. No marco do Congreso, que reúne representantes de 65 cidades Patrimonio Mundial Unesco, tamén se van a celebrar diferentes actividades, entre as que destaca un espectáculo de 220 drones para celebrar o XXX aniversario do Grupo de Cidades Patrimonio.
Taller práctico: "Acredítate coma startup ou empresa de base tecnolóxica"
A próxima semana arrinca en Conxo a acción "Saber Facer Barrio 2024", impulsada pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, dentro do programa de activación económica "A Compostela dos barrios". Trátase de faladoiros para reflexionar sobre emprendemento e empregabilidade, e para que as persoas participantes poñan en común as súas experiencias de negocio. A iniciativa desenvolveráse en nove centros socioculturais de Santiago.
Emprendedora
Traballar en rede, comunicarse, compartir coñecementos e experiencias, implica maiores capacidades e poder de decisión. Se as universitarias emprendedoras somos capaces de organizarnos para prosperar e promocionarnos, marcaríamos unha diferenza no complexo mundo do emprendemento universitario.
Que necesitas para emprender?
Necesitas unha idea e ganas de levala a cabo. Seguindo a metodoloxía INNOVATIA 8.3 podemos axudarche a converter a túa idea en empresa