• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A colaboración público-privada mostra posibilidades para mellorar o transporte público urbano

Un recente estudo de Mckinsey documentou experiencias en 71 cidades, nas cales as autoridades estableceron asociacións con novos provedores de servizos de mobilidade. Hai diversos tipos de asociacións, pero destácanse varios tipos comúns. Un deles ten como obxectivo desenvolver servizos orientados ao consumidor que permitan aos pasaxeiros planificar facilmente viaxes multimodais e comprar os billetes que necesiten.

A economía circular aplicada ao sector da mobilidade

Na guía que se enlaza (en idioma catalán) atopánse casos que van desde o uso de vehículos compartidos ata a substitución dos de combustión por eléctricos; así como experiencias de optimización da loxística ou de reutilización de compoñentes.

Casos varios realizados por empresas de todo tipo, grandes e pequenas, que xa aplican os principios da economía circular para obter réditos ambientais, sociais e económicos e que poden servir como inspiración para aplicación na nosa contorna.

Os abonos poden reducir o contido en Cadmio das hortalizas

Isto dános unha idea do tremendo potencial que ten o correcto manexo dos chans para moitas facetas da agricultura, non soamente no incremento do rendemento dos cultivos, senón tamén en facelos máis saudables e máis sustentables medioambientalmente.
Tratáse dun exemplo mais de como a investigación orientada á produción ssustentable de alimentos, permite mellorar o rendemento das explotacións agrícolas e obter productos mais saudables.