A Praza de Abastos premia a fidelidade da clientela nos seus “80 anos alimentando Compostela”
A Praza de Abastos está a entregarlle á súa clientela diferente material promocional, no marco da campaña “80 anos alimentando Compostela”. Así, presentando tickets de compra de máis de 25 euros, as consumidoras poderán levar unha friameira conmemorativa; mentres que o agasallo para as persoas que mostren tickets de máis de 15 euros serán bolsas de malla reutilizables para realizar a compra.
Míriam Louzao salienta a creación do Foro de Turismo Sustentable como novo modelo de gobernanza e participación cidadá nas políticas municipais de Turismo
“A constitución do Foro responde á aposta por introducir un novo modelo de gobernanza en materia de turismo, que foi unha das principais novidades que o Goberno municipal de Compostela presentou na documentación que no seu momento achegou á Xunta de Galicia para a creación deste imposto autonómico” asegurou Míriam Louzao.
Óptica Val e a Asociación ASPAS, protagonistas da campaña “12 Comercios, 12 Sensibilidades” no mes de novembro
A tenenta de alcaldesa puxo en valor o traballo que vén desenvolvendo a Asociación de Nais e Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual, que cumprirá 60 anos en 2027. María Rozas lembrou que “ASPAS axuda a mellorar a vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, ofrecéndolles apoio educativo, laboral e social, facilitando a súa inclusión e autonomía, e promovendo o respecto á diversidade; un traballo que coñecemos ben no concello porque esta é unha entidade coa que mantemos unha colaboración estable desde o departamento de Servizos Sociais”.
María Rozas reivindica “a capacidade innovadora e o talento de Santiago” na inauguración da xornada da Industria da Maker Faire Galicia
María Rozas salientou que a Xornada da Industria da Maker Faire “é unha chamada a exercer a autoestima colectiva, porque pón o foco en proxectos innovadores que atenden a sectores que deben ser fundamentais para a nosa economía”. Nese sentido, citou específicamente os sectores da madeira e da biotecnoloxía, “que son fundamentais para o Concello de Santiago, e sobre os que pivota o proxecto do Biopolo da Sionlla que tén ainda un enorme potencial por desenvolver”.
Aposta por un futuro industrial sostible
O CERSIA acolle unha xornada formativa sobre axuda humanitaria e cooperación desde os concellos
O curso ‘Saber doar. A axuda humanitaria desde os concellos’ estaba dirixido ao persoal político e técnico da administración local, pero tamén ao tecido asociativo. O obxectivo era dar a coñecer como se debe planificar, xestionar e coordinar a axuda en situacións de emerxencia, como a que se producía hai xusto un ano pola DANA de Valencia, ou derivadas de conflictos internacionais. Nese sentido, no curso ofrecéronse as pautas para atender as necesidades reais da poboación, e evitar que os problemas na xestión da axuda poidan traducirse nun agravamento da crise.
O Concello de Santiago busca acadar un modelo máis sustentable e eficiente de distribución de mercadorías coa posta en marcha da plataforma loxística
Resolver una situación que vén de atrás
A situación da distribución de mercadorías na cidade histórica de Santiago de Compostela é, na actualidade, unha das principais preocupacións das administracións, da veciñanza e das empresas da cidade.
Isto débese especialmente ao seu impacto na calidade do aire, á ocupación das vías públicas, ao perigo que supón nunha zona peonil ateigada de peóns en determinadas épocas do ano, ao horario de distribución limitado e aos danos ao patrimonio arquitectónico dunha cidade Patrimonio da Humanidade.
A Maker Faire Galicia impulsa o debate sobre o futuro industrial sostible na súa cita do 31 de outubro en Santiago
A sesión inaugural contará coa participación de María Rozas, do Concello de Santiago, e Covadonga Toca, en representación do IGAPE, xunto co equipo da Maker Faire Galicia.
A mañá estará protagonizada por relatorios centrados na sustentabilidade, a innovación enerxética e os avances científicos.
O Concello de Santiago participa na asemblea xeral da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local
O Instituto Municipal de Promoción Económica, Formación e Emprego, IMPEFE, entidade socia da rede estatal foi o anfitrión e o encargado de organizar unha axenda completa ao redor da intelixencia artificial e a participación cidadá.
A axenda da mañá permitiu debater tamén sobre a participación cidadá nunha dinámica de traballo dirixida polo responsable da área de Participación do Concello de Ciudad Real, César Bernal, e o xerente da Rede Kaleidos, Jorge Ramón Sobrón.
Intelixencia artificial para o desenvolvemento local
Goretti Sanmartín defende a axenda urbana como unha oportunidade para planificar a Compostela dos próximos dez anos, no marco do III Foro Urbano estatal
“A axenda urbana ten unha importancia especial á hora de deixar atrás axendas curtopracistas e planificar cidades e concellos no medio prazo, con proxectos que superen un único mandato e, no noso caso, que transformen Compostela a dez anos vista” asegurou Goretti Sanmartín no inicio da súa intervención.







