Startup Weekend Galicia
Startup Weekend Galicia basease no networking e o traballo en equipo, e que reune a xente con talentos diversos para seleccionar unha idea, desenvolver un produto e lanzar unha empresa desde cero.
Startup Weekend Galicia basease no networking e o traballo en equipo, e que reune a xente con talentos diversos para seleccionar unha idea, desenvolver un produto e lanzar unha empresa desde cero.
A concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo organiza, o 28 de xuño, unha xornada de presentación do Proxecto Anatole sobre mercados de proximidade. Terá lugar no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia, na Rúa do Vilar, número 19.
O Proxecto Anatole é un proxecto de dimensión europea que pretende a recolleita e implantación de boas prácticas sobre o desenvolvemento de mercados de proximidade, é dicir de mercados nos que a relación entre a produción e o consumo se da nun territorio relativamente pequeno.
Celebraráse o 16 e 17 de setembro en Santiago de Compostela.
O IMEX Frankfurt é unha das feiras máis importantes do mundo neste tipo de turismo, polo que a presenza do SCCB neste evento, no que xa estivo nos pasados anos, é continuar consolidando o posicionamento da cidade como un destino atrativo, de calidade e internacional para as empresas e entidade organizadoras de Congresos.
Mulleres na ruta do coñecemento e a innovación está enmarcada no Plan de Acción Local do Proxecto WEED. Será impartida por Ángeles Salle. Licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid, Ángeles Salle posúe unha dilatada experiencia traballando para diversas institucións públicas e privadas; e en iniciativas relacionadas co emprego, o desenvolvemento socioeconómico e a igualdade.
O obxectivo do encontro é analizar a situación actual das mulleres no emprego, na empresa e no desenvolvemento local, co obxectivo de establecer técnicas efectivas de formación, inserción e apoio á colocación, mellorando así as integración laboral do colectivo feminino.
Na conferencia, Iturriaga, que apadriña a presentación en Galicia de Adalid Inmark, explicará por que a selección española se converteu nun equipo exemplar, que incluso superou unha etapa de crise para acadar novos triunfos. As ensinanzas deste colectivo de élite son trasladables a outros ámbitos, como pode ser calquera equipo empresarial que se reúna co obxectivo de competir con éxito no mercado.
O programa desta quinta edición foi deseñado tendo en conta o actual contexto económico, intentando adaptalo, o máis posible, ás demandas de información e ás necesidades actuais das persoas emprendedoras (utilizacion de novas tecnoloxías, innovacion, estratexias para gañar competitividade, etc.) detectadas pola Concellaría de Promoción Económica a través do Servizo de Apoio á Empresa.