Extracto da R. do 27/01/2021 pola que se establecen bases para a concesión de subvencións para mellora das infraestructuras dos establecementos turísticos e de aloxamento /restauración de Galicia
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), o establecemento turístico para o que se solicita a axuda, en base aos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.