• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Extracto da Resolución do 26 de abril 2021 convocan subvencións da medida Leader do programa de desenvolvemento rural de Galicia anualidades 2021 e 2022

DOG Nº 82 do 03/05/2021

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.minhap.gob.es/bsnstrans/index)

Bases reguladoras

E. da orde do 09/06/2021 establecen bases do III Plan rescate persoas traballadoras autónomas ,profesionais e empresas afectadas pola COVID19 mediante axudas directas a través do Programa II

DOG Nº º110 do 11/06/2021

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Bases reguladoras

Subvencións á realización de actividades de promoción e dinamización comercial

As Bases reguladoras da concesión de subvencións á realización de actividades de promoción e dinamización comercial no Concello de Santiago establecen como actuacións subvencionables as realizadas e pagadas entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2010. É dicir, o 15 de novembro será a data límite para executar e xustificar as actuacións que fosen obxecto da subvención.

AXUDAS PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS E O LANZAMENTO DE NOVAS LIÑAS DE NEGOCIO URBANA SANTIAGO NORTE

Esta convocatoria de axudas está aberta tanto a emprendedores que comezaran o seu proxecto empresarial entre o 1 de xuño de 2012 e o 31 de xullo de 2013, como aquelas empresas xa creadas anteriormente, pero que neste período desenvolveran novas liñas de negocio ou implantaran novas ferramentas de xestión empresarial.

Os criterios de concesión das axudas dan especial importancia na valoración das solicitudes á contribución ao desenvolvemento económico da zona e á creación de emprego.

Suspensión de facturas de electricidade, gas natural e produtos derivados do petróleo.

Excepcionalmente e mentres estea en vigor o estado de alarma, os puntos de subministración de enerxía eléctrica, gas natural, gases manufacturados e gases licuados do petróleo por canalización, titularidade de autónomos que acrediten dita condición mediante a súa alta no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos ou asimilable e pequenas e medianas empresas, tal e como se definen no Anexo I do Regulamento (UE) n.º 651/2014 da Comisión Europea, poderán solicitar, por medios que non supoñan desprazamento físico, ao seu comercializador ou, no seu caso,

Axudas para a contratación de persoas traballadoras remudistas

A través da incentivación do contrato de remuda, este programa ten a finalidade de favorecer a substitución nos cadros de persoal das empresas, das persoas traballadoras próximas á xubilación por persoas mozas menores de 30 anos desempregadas ou cun contrato formativo na mesma empresa, ou menores de 35 anos cun contrato temporal na mesma empresa ou persoas desempregadas maiores de 45 anos, garantindo a non destrución de postos de traballo unha vez que as persoas traballadoras que os ocupaban rematen a súa vida activa.

Termos e condicións primeiro tramo avales ao financiamento de empresas e autónomos

Este primeiro tramo da nova liña de avais estará ao dispor de pemes, autónomos e resto de empresas con domicilio social en España, permitíndose ata unha cobertura máxima do 80% para autónomos e pemes e do 70 % para o resto de empresas. As entidades financeiras supervisadas consideradas elegibles para este tramo son as entidades de crédito, establecementos financeiros de crédito, entidades de diñeiro electrónico e entidades de pago.