• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Convenio de colaboración entre o Igape, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Resolve 2018)

1. O tipo de xuro nominal anual para as operacións de préstamo acollidas a estas bases e o seu sistema de variación establécense do seguinte xeito: Tipo de referencia: será o euribor a prazo de 6 meses. As revisións faranse semestralmente. Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes sen que, en ningún caso, poida exceder de 2,5 puntos porcentuais. O tipo de xuro nominal anual dos préstamos será, para cada semestre natural, o resultante de engadirlle ao tipo de referencia o tipo adicional que pacten as partes. 2.

Servizo gratuito de información, asesoramento e intermediación para ás empresas que necesiten acollerse ás liñas de financiamento e avais

A través deste servizo ofrecerase de xeito coordinado información e recursos para o acceso das empresas de Compostela ás liñas de financiamento ICO, ás xestionadas pola rede cameral, e a outras fontes de crédito mobilizadas dende o Goberno e as propias entidades financeiras para o mesmo fin. Este asesoramento enmárcase  no convenio asinado entre ámbalas dúas entidades, que agora se vai ampliar.

Subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica para o ano 2020-2021

A intensidade máxima da axuda, segundo tipo de beneficiario, será a seguinte:

Entidades locais 80 %

Entidades xurídicas sen ánimo de lucro (que no realicen actividade económica) 80 %

Empresas, as súas agrupacións e asociacións, así como entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica. No caso de pequenas empresas, a axuda incrementarase en 20 puntos porcentuais e, no caso de medianas empresas, en 10 puntos porcentuais: 25 %

EXTRACTO da Resolución do 10 de decembro de 2020 pola que se aproban e se publican as bases reguladoras da II edición dos Premios de innovación en saúde 2020 no Sistema Público de Saúde de Galicia

  DOG Nº 257 do 23/12/2020

  Persoas beneficiarias.

1. Respecto á modalidade de idea de profesionais: persoal ao servizo do Sistema Público de Saúde de Galicia que desenvolvan unha idea innovadora no sistema sanitario galego. As persoas físicas que presenten unha idea poden representar a un equipo (máximo 4 persoas, incluído o representante).

Extracto da R. do 27/01/2021 pola que se establecen bases para a concesión de subvencións para mellora das infraestructuras dos establecementos turísticos e de aloxamento /restauración de Galicia

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), o establecemento turístico para o que se solicita a axuda, en base aos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.