• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

EXTRACTO da Orde do 17 de xuño de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior

DOG Nº 121 do 28/06/2021

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publicase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Bases reguladoras

Actívase o programa Galicia Exporta para apoiar a internacionalización de máis de 300 empresas

As bases reguladoras da nova edición do programa Galicia Exporta, publicadas no Diario Oficial de Galicia do 21 de decembro de 2017, veñen reforzar o desenvolvemento da Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020 e a axenda estratéxica Horizonte 2020 da Unión Europea, que buscan facer das exportacións un motor de emprego e crecemento empresarial consolidando a recuperación económica.

Bolsas xerenciais en entidades de economía social 2018

O obxecto desta convocatoria é seleccionar cooperativas e outras entidades de economía social comprometidas e beneficiarias do programa, e incorporar nelas a persoas coa titulación axeitada para facer prácticas de apoio e mellora xerencial na mesma, durante 6 meses a tempo parcial. As persoas bolseiras contan cunha axuda mensual por desenvolver o seu labor.
A finalidade do programa é mellorar as condicións nas que as cooperativas e entidades de economía social confrontan a función xerencial. O programa é de carácter gratuíto para as entidades solicitantes.

Financiamento extraordinario ao sector turístico e actividades anexas

Importe máximo por cliente: ata 500.000 euros, nunha ou varias operacións.

Conceptos susceptibles de financiamento:

  • Necesidades de liquidez financiables a través da Liña Empresas e Emprendedores.
  • Proxectos de dixitalización e en particular os destinados a fomentar solucións de teletraballo recolleitos no programa Acelera Peme.

Modalidade: préstamo.

Non inicio do período executivo para determinadas débedas tributarias no caso de concesión de financiamento

1.- No ámbito das competencias da Administración Tributaria do Estado, as declaracións-liquidacións e as autoliquidacións presentadas por un contribuínte no prazo previsto no artigo 62.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, sen efectuar o ingreso correspondente ás débedas tributarias resultantes das mesmas, impedirá o inicio do período executivo sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

Subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega

Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas constituídas como produtoras audiovisuais independentes cunha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano (epígrafe IAE 9611), e con sucursal ou oficina permanente polo menos un ano, previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.

Moratoria hipotecaria para o sector turístico

Os textos que figuran a continuación son resumos non vinculantes da normativa publicada. Para aplicalos, debe consultarse a normativa completa, enlazada na esquerda da pantalla.

Artigo 3. Moratoria de préstamos hipotecarios outorgados para o financiamento de inmobles afectos a unha actividade turística.

Os traballadores autónomos e as persoas xurídicas con domicilio social en España terán dereito á moratoria sobre o pago do principal dos préstamos con garantía hipotecaria sobre un inmoble que cumpra os requisitos recolleitos no artigo 4.