• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes, de execución dos proxectos e de presentación da solicitude de cobramento das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresa

Amplíase ata o 17 de xullo de 2020 o prazo de presentación de solicitudes previsto no punto terceiro da Resolución do 9 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Convocatoria Premios EmprendedorXXI do 2017

As empresas galardoadas en cada unha das cinco categorías a nivel nacional conseguen 25.000 euros e o acceso a un programa internacional de crecemento organizado coa Singularity University e unha prestixiosa escola de negocios. Pola súa parte cada unha das empresas gañadoras a nivel territorial recibirá 5.000 euros e unha bolsa para participar nun curso internacional de crecemento empresarial, Ignite Fast Track, da Universidade de Cambridge (Reino Unido).

Convenio de colaboración entre o Igape, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Resolve 2018)

1. O tipo de xuro nominal anual para as operacións de préstamo acollidas a estas bases e o seu sistema de variación establécense do seguinte xeito: Tipo de referencia: será o euribor a prazo de 6 meses. As revisións faranse semestralmente. Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes sen que, en ningún caso, poida exceder de 2,5 puntos porcentuais. O tipo de xuro nominal anual dos préstamos será, para cada semestre natural, o resultante de engadirlle ao tipo de referencia o tipo adicional que pacten as partes. 2.

Servizo gratuito de información, asesoramento e intermediación para ás empresas que necesiten acollerse ás liñas de financiamento e avais

A través deste servizo ofrecerase de xeito coordinado información e recursos para o acceso das empresas de Compostela ás liñas de financiamento ICO, ás xestionadas pola rede cameral, e a outras fontes de crédito mobilizadas dende o Goberno e as propias entidades financeiras para o mesmo fin. Este asesoramento enmárcase  no convenio asinado entre ámbalas dúas entidades, que agora se vai ampliar.

Extracto da resolución do 13 novembro 2020 pola que se da publicidade do Acordo co Consello de Dirección que modifica as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes

DOG Nº235 do 20/11/2020

Primeiro. Modificación de beneficiarios:

Poderán ser beneficiarios dos préstamos regulados nestas bases aquelas pequenas, medianas ou microempresas conforme a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE (en diante, Regulamento (UE) 651/2014), que cumpran os seguintes requisitos: