• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Extracto da Orde do 26 abril 2021 establecen bases das axudas destinadas ás persoas traballadoras afectadas, con máis de 55 anos de idade, pola extinción de contratos de traballo por procederen de empresas en crise ano 2021

DOG Nº 87 do 10/05/2021

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Bases reguladoras

Extracto da Orde do 28/12/2021 pola que se establecen bases do Programa do bono das persoas autónomas para ano 2021

DOG Nº 131 do 12/07/2021

 

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Bases reguladoras

Orde do 28 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TR341Q).

Aprazamento de débedas tributarias

Concederase o aprazamento do ingreso da débeda tributaria correspondente a todas aquelas declaracións-liquidacións e autoliquidacións cuxo prazo de presentación e ingreso finalice desde a data de entrada en vigor do presente real decreto-lei e ata o día 30 de maio de 2020, ambos inclusive, sempre que as solicitudes presentadas ata esa data reúnan os requisitos sobre as garantías para o aprazamento e fraccionamento do pago da débeda tributaria establecidas no artigo 82 da Lei Xeral Tributaria.

Permítense renuncias temporais non vinculantes ao método de estimación obxectiva

Os contribuíntes do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas que desenvolvan actividades económicas cuxo rendemento neto determínese con arranxo ao método de estimación obxectiva e, no prazo para a presentación do pago fraccionado correspondente ao primeiro trimestre do exercicio 2020, renuncien á aplicación do mesmo na forma prevista na letra b) do apartado 1 do artigo 33 do Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, aprobado polo Real Decreto 439/2007, do 30 de marzo, poderán volver determinar o rendemento neto da súa actividade económica con arranxo ao método de estimació

Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais

O importe máximo para o financiamento das axudas incluídas nesta convocatoria é de 300.000 euros, dos cales 150.000 euros son para artes escénicas (modalidades A1, A2, A3 e A4) e 150.000 euros para música (modalidades B1, B2 e B3).

Modalidade A.1: subvencións para a distribución de espectáculos fóra de Galicia.

Modalidade A.2: subvencións para a representación de espectáculos de artes escénicas en feiras e festivais fóra de Galicia.

Modalidade A.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados de artes escénicas e fóra de Galicia.

Condicións de adhesión das empresas turísticas ao programa Bono Turístico #QuedamosenGalicia

Poderán solicitar a súa adhesión aquelas empresas, empresarios ou agrupacións empresariais que dispoñan de aloxamentos, excepto as vivendas de uso turístico, e tamén as axencias de viaxe que, con independencia do lugar en que radique a súa sede social, desenvolvan as súas actividades dentro do sector turístico vinculado a Galicia e presten os servizos, actividades ou produtos vinculados a este programa na Comunidade Autónoma de Galicia.

EXTRACTO da Orde do 16 de outubro de 2020 pola que se convocan para o ano 2020 as axudas pola crise sanitaria do COVID-19 no sector da flor cortada e da planta ornamental (código de procedemento MR436D).

 Bases reguladoras : Orde do 16 de outubro de 2020 pola que se convocan para o ano 2020 as axudas pola crise sanitaria do COVID-19 no sector da flor cortada e da planta ornamental (código de procedemento MR436D.

DOG Nº 213 DO 22/10/2020

A contía máxima da subvención establécese en 20.000 euros por beneficiario.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 5 de novembro de 2020.

Resolución do 27 de novembro 2020 pola que se dá publicidade da resolución de concesión das axudas á internacionalización dixital das empresas galegas

Habilítase un prazo de 10 días naturais para que os interesados accedan á oficina virtual do Igape, no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe Consulta de resolucións definitivas, http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas), utilizando o seu NIF e o código IDE do expediente, para descargaren a súa resolución individual. Transcorrido o devandito prazo desde a posta á disposición da resolución individual sen que se acceda ao seu contido, entenderase rexeitada.