Aberto desde o 2 de setembro o prazo para solicitar as axudas destinadas a apoiar as empresas de Economía Social | Concello de Santiago de Compostela
Axudas para apoiar as empresas de Economía Social do Concello de Santiago
Aberto desde o 2 de setembro o prazo para solicitar as axudas destinadas a apoiar as empresas de Economía Social | Concello de Santiago de Compostela
A convocatoria enmárcase na Axenda Urbana 2030 e no Plan de Acción para a Economía Social nos barrios de Compostela, que apostan por un desenvolvemento sostible e inclusivo.

O Boletín Oficial da Provincia publicou as bases da convocatoria das axudas destinadas a apoiar as empresas de Economía Social de Santiago, entre elas as cooperativas do concello, polo que o prazo para a súa solicitude comeza o martes 2 de setembro. Estará aberto ata o 1 de outubro de 2025.
O Concello destina un total de 115.000 euros para fortalecer o ecosistema da economía social compostelá, consolidando un modelo empresarial baseado na cooperación, a solidariedade e a inclusión. Estas axudas, xestionadas polo departamento de Promoción Económica, subvencionan gastos correntes co obxectivo de afianzar un tecido produtivo que xera emprego e riqueza ao tempo que mellora a calidade de vida da veciñanza.