• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

12 Comercios 12 Sensibilidades é un proxecto de 12 comercios de Compostela que conflúen durante 12 meses, para dar visibilidade a 12 proxectos solidarios.

Etiquetas:
novas , 12 comercios + 12 sensibilidades

"Xeración optimizada de consultas a chatGPT e similares"

Etiquetas:
novas , emprendemento , CÁMARA DE COMERCIO COMPOSTELA , empresas

Música, pasarrúas, animación infantil e moitos agasallos conforman a programación de "Prima 24", a festa do comercio local que se desenvolverá ao longo do venres 14 e do sábado 15 de xuño en diferentes barrios da cidade. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira Promoción Económica, María Rozas, farán este venres un percorrido para coñecer de primeira man as propostas comerciais e lúdicas que ofrece esta cita consolidada da cidade, nun paseo que arrancará da praza de Cervantes ás 18:00 horas.

Etiquetas:
novas , comercio , atraccións

Medio cento de marcas galegas de moda, xoiaría, cerámica, cestería, decoración ou mesmo alimentación participarán o próximo domingo en "Sabor a novo", un evento que se celebrará no Pazo de San Lourenzo e no que tamén haberá música en directo, obradoiros de creación artesanal, e unha ampla oferta gastronómica. O obxectivo é "poñer en valor a produción e a artesanía galega e o comercio de proximidade, cunha actividade que quere ser tamén lúdica para atraer a novos públicos".

Etiquetas:
novas , artesanía , comercio , música , Pazo de San Lorenzo

A Deputación da Coruña convoca a sexta edición dos Premio PEL: premios ás iniciativas empresariais transformadoras da provincia (PEL-EPR PREMIO), un galardón incluído entre as accións de incentivos á calidade e á innovación da idea empresarial do Plan de Emprego Local (PEL) co que se pretende recoñecer ás iniciativas empresariais transformadoras da provincia da Coruña, fomentando a súa imaxe positiva e realzando o seu papel fundamental como xeradoras de riqueza, emprego e benestar, contribuíndo á súa sustentabilidade, fomentando a cultura emprendedora e potenciando o rural.

Etiquetas:
novas , premios , PEL , DIPUTACIÓN

O Hub Olympe Enprende é unha iniciativa que impulsamos conxuntamente Genera+ S.Coop.And e Asociación Creacciona Innovación e Emprendemento Social de Andalucía, Abeluria S.Coop. Galega de Galicia e Tandem Social de Cataluña, no marco da convocatoria do Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social (EFESO), impulsado pola Confederación Española de Economía Social (CEPES) e cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+).

Etiquetas:
novas , hub , emprendemento , economia_social , ABELURIA; Cooperativismo; Desenvolvemento

PRODUCTORES, INDUSTRIA, DISTRIBUCIÓN, CANLE HORECA E CONSUMIDORES ANALIZARÁN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA AS CIFRAS DO DESPERDICIO ALIMENTARIO

Etiquetas:
novas , ABELURIA; Cooperativismo; Desenvolvemento , desperdicio , alimentación

Se tes unha idea de negocio e queres saber como transformala en realidade, invitamoste a participar nos obradoiros deste "Camiño Emprendedor"

Etiquetas:
novas , emprendemento , curso , formación , FUNDACIÓN RONSEL , Concello Santiago

O próximo martes 11 de xuño, en horario de 11:00 a 14:00 horas, a Cámara de Comercio de Santiago organiza, de forma PRESENCIAL e GRATUÍTA:
 

"Optimiza a túa presenza nas redes sociais"

Etiquetas:
novas , CÁMARA DE COMERCIO COMPOSTELA , coworking

O Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga acolle o próximo xoves o acto de presentación de proxectos participantes na formación "Márketing Dixital e Cooperativismo". O programa formativo, impulsado pola Fundación Paideia coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica, desenvolveuse entre febreiro e xuño coa participación de mozos e mozas menores de 30 anos en situación de desemprego.

Etiquetas:
novas , marketing dixital , cooperativismo , EOI , MOIRA , Fundación Paideia