Webinario programa Reactiva: comercio, turismo e servizos
Participarán neste webinario, Juan Cividanes, director xeral do IGAPE e Sol Vázquez, directora xeral de Comercio
Participarán neste webinario, Juan Cividanes, director xeral do IGAPE e Sol Vázquez, directora xeral de Comercio
10:00h Benvida e presentación dos programas de apoio ao emprendemento feminino, Rosa Mary Cardeso, secretaria xeral da Cámara de Comercio
10:15h Presentación do programa EMEGA 2020, Natalia Prieto, secretaria xeral da Igualdade por delegación
10:40h Quenda de preguntas
Esta videoconferencia é unha iniciativa da Asociación para o Progreso da Dirección (APD) na que tamén participa a Xunta, a través do Igape.
Microcréditos COVID-19:
Obxecto: favorecer o acceso a préstamos a longo prazo para acceso a liquidez para as microempresas cuxas actividades se atopen afectadas polo actual brote do COVID-19.
As axudas terán como finalidade:
Apoiar as empresas armadoras e as persoas redeiras que visen afectados os seus resultados económicos ou se enfronten a unha falta de liquidez ou outros prexuízos significativos a raíz do brote de COVID-19.
A contía das axudas e o seu modo de determinación están definidas no artigo 7 das bases reguladoras.
Obxecto: facilitar ás pemes e micropemes un asesoramento específico en materias relacionadas con necesidades xurdidas ao fío do escenario socioeconómico do COVID-19 mediante a contratación por conta allea de persoas técnicas superiores e profesionais especialistas en organismos intermedios.
A contía das axudas en concepto de incentivo por persoa contratada establecerase en función da súa titulación e grupo de cotización, segundo a táboa que figura no artigo 9 das bases reguladoras.
As bases regulan as axudas para cofinanciar programacións culturais realizadas por entidades locais con motivo do Xacobeo 21.
Concederase unha dotación económica para a contratación de programacións de artes escénicas en musicais do ano 2020 con motivo do Xacobeo 21 que suporá, como máximo:
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria extraordinaria das axudas do programa Translaciona COVID 19. Reforzo da investigación sanitaria de Galicia, convocatoria que ten como finalidade apoiar a investigación sanitaria na súa vertente traslacional, co financiamento de proxectos, iniciativas ou ideas xurdidas dentro do Sistema público de saúde de Galicia no eido da investigación sanitaria, orientadas á prevención, diagnóstico ou tratamento da enfermidade COVID-19.
Baixo o título “Deseño, ciencia e tecnoloxía”, exploraranse as sinerxías que presentan estes tres eixes da innovación nun escenario marcado pola incertidume e por novos retos e necesidades. Complétase así a reflexión iniciada no primeiro encontro do ciclo, no que se analizou a relación entre deseño, empresa e sociedade.
Como líder desta iniciativa, a incubadora Uninova da Universidade de Santiago de Compostela (USC), organiza un concurso de proxectos innovadores destinado a toda a comunidade universitaria de Galicia, co obxectivo de recoller ideas innovadoras que ofrezan solucións a retos empresariais.
Spin_Up está liderado pola USC e impulsado pola Xunta, a través do Igape, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a Asociación Área Empresarial do Tambre, a Universidade do Porto e ANJE (Asociación Nacional de Jóvenes Empresarios) de Portugal.