• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

As 15 Cidades Patrimonio da Humanidade celebran o seu 30 aniversario coa apertura de monumentos en horario nocturno e múltiples actividades culturais o sábado 14 de setembro

O recentemente recuperado edificio da Casa das Máquinas de Santiago acolleu a presentación do evento que pecha a programación do 30 aniversario da creación do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, o vindeiro sábado 14 setembro. A presidenta do Grupo, Goretti Sanmartín, aproveitou a presentación para explicar que A Casa das Máquinas, aberta ao público hai tan só un mes, é un dos poucos exemplos de arquitectura industrial de comezos do século pasado e unha das mostras máis emblemáticas do modernismo en Compostela.

A alcaldesa Goretti Sanmartín anima a "tomar consciencia" á hora de escoller onde mercar

"Estes premios deben servir para que a nosa veciñanza e o tecido socioeconómico en conxunto tome consciencia do significado das súas escollas mercantís, do que nos xogamos cando eliximos onde mercar, a que empresa chamar ou que produto seleccionar", afirmou na clausura do acto.

Comeza o programa de formación especializada sobre cooperativismo impulsado polo Concello e EspazoCoop

O primeiro dos cursos celebrarase mañá e estará centrado na xestión das cooperativas, no que tén que ver coa facturación e a fiscalidade. O curso será impartido por Anxo Louzán, de Xiama, e Ángeles Barreiro, de EspazoCoop. A seguinte formación está prevista para o 3 de xullo, correrá a cargo de Isabel García Álvarez, de Xedega, e abordará a xestión laboral das cooperativas.

A Praza Roxa acolle mañá, día 26 de xuño, o Mercado das Alfaias "para poñer en valor os produtos ecolóxicos e locais e animar a un consumo responsable"

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou o venres pasado o Mercado das Alfaias, nunha rolda de prensa na que tamén participou Lolo Rey, en representación da asociación Nonéomesmo. A tenenta de alcaldesa explicou que o obxectivo desta iniciativa "é reivindicar o traballo dos produtores, dos labregos e labregas, e a calidade dos seus produtos, das súas froitas e verduras que teñen un valor inmenso desde o punto de vista económico, pero tamén do punto de vista social ou ambiental".

Coworking Compostela Digital da Cámara de Comercio de Santiago

O obxectivo desta sesión é dar a coñecer as posibilidades que ofrece a realidade virtual, a realidade aumentada e a visión artificial en distintos contextos empresariais e os elementos que hai que ter en conta para a súa aplicación de maneira exitosa.
Ofreceremos unha experiencia práctica con gafas de realidade virtual, onde os asistentes  poderán somerxer en diferentes entornas como vídeos, visitas virtuais a museos, exploración de paisaxes e simulacións de experiencias médicas.

Mañá arranca a nova edición de Prima, a "festa do comercio local" para dinamizar a actividade comercial nos diferentes barrios da cidade

A festa do comercio local celebrará a súa cuarta edición os días 14 e 15 de xuño, cun amplo programa de dinamización que chegará a diferentes espazos da cidade. Así, na tarde do venres 14 haberá diferentes pasarrúas: na zona vella correrá a cargo da banda Tanto nos ten; Pulpiño Viascón levará o seu show itinerante "A Trikidisco" por Conxo e Pontepedriña; e na zona de Concheiros e San Pedro atoparémonos coa montaxe "O estrano caso do dentista da rúa Blasov", de Troula Animación.